****REGULAMENTO DO XOGO DA CHAVE****

ANO 2.001 - 2.002

REGULAMENTO PARA O XOGO DA CHAVE

CAPÍTULO I - DOS XUÍCES E TIRADORES

ART.1º.- Todo equipo estará integrado por sete tiradores, tres reservas e un xuíz anotador.

ART.2º.- Os reservas poderán incorporarse ao xogo sustituíndo a outro tirador no transcurso do partido.

ART.3º.- O tirador que sexa sustituído non poderá volver a xogar nese partido.

ART.4º.- Todo equipo presentará, antes do comezo da LIGA, relación de xogadores e DOUS delegados para representar ao equipo ante a IRMANDADE.

ART.5º.- Cando un equipo non dispoña de xuíz anotador poderá facer as súas funcións un tirador, pero este non poderá figurar na acta como tirador ou reserva.

ART.6º.- O xuíz anotará as chaves dos equipos e todas as incidencias que se produciran durante o partido.

Ao rematar dará a firmar a acta aos xuíces e capitáns de ambos os equipos.

ART.7º.- Cando un tirador cometa unha falta grave no transcurso dun partido, os xuíces anularán as chaves dadas na tirada por dito xogador, sendo expulsado e non poderá ser sustituído por un reserva, aplicándolle o ART. NOVENO.

ART.8º.- Considéranse faltas graves:

faltar aos xuíces, equipo contrario, compañeiros ou público, con palabras fortes ou malsoantes;

discutir sen motivo aparente facendo caso omiso dos xuíces e capitáns;

lanzar un pello con chulería ou desprezo.

ART.9º.- A directiva da Irmandade, convocará aos delegados para tomar medidas sobre os xuíces ou tiradores que cometeran falta grave, por se houbese lugar a algunha sanción.

Será a directiva da Irmandade a que decida a sanción que se imporá ao infractor ou infractores.

(INFRACTORES, TRES EUROS e a suspensión de 1 a 10 partidos)

ART.10º.- A idade mínima dun tirador ha ser de 15 anos cumpridos.

 

CAPÍTULO II - DOS PARTIDOS

ART.11º.- Para empezar un partido, o equipo estará composto por un xuíz anotador e CINCO tiradores como mínimo.

ART.12º.- Os partidos celebraranse os DOMINGOS ás ONCE da mañá e o equipo da casa porá a súa chave.

ART.13º.- No caso de se cambiar un partido de data, será de mutuo acordo entre os dous equipos, e previo aviso á directiva da Irmandade; de non ser así non se dará por válido el partido.

ART.14º.- Salvo por mal tempo ou causa xustificada, ao equipo que pasada media hora do comezo do partido non se presentase, daráselle este por perdido.

Son causas xustificadas:

ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN,

FALECEMENTO DUN XOGADOR OU FAMILIAR DO MESMO DE PRIMEIRO GRAO QUE IMPLIQUE A MÁIS DE DOUS XOGADORES DIRECTAMENTE.

ART.15º.- O equipo que non se presente a disputar un partido, será sancionado con dous puntos e daráselle o partido por perdido, e se sancionará cunha multa de 31 euros salvo que exista causa xustificada.

Ao equipo contrario daránselle os DOUS puntos e o promedio de chaves que levara ata o último partido disputado, e ao finalizar a liga, aos chaveiros de dito equipo sumaráselles o promedio de chaves que fixesen durante a liga.

No caso de ser un partido de copa, o equipo infractor quedará eliminado e será sancionado coa mesma multa.

Farase entrega ao equipo contrario, por mediación da Irmandade da multa que deberá abonar o equipo infractor.

ART.16º.- Os partidos aprazados ou suspendidos celebraranse calquera día da seguinte semana do día suspendido, salvo por causas de forza maior debidamente xustificadas, co mesmo resultado e os mesmos tiradores, incluíndo os reservas. No caso de que un equipo empezase con menos de sete tiradores e o encontro fose suspendido, este equipo non poderá engadir a ningún outro xogador na continuación do encontro.

ART.17º.- Calquera equipo poderá solicitar da Irmandade un delegado que actuará como xuíz neutral do partido.

Os gastos do delegado da Irmandade serán abonados polo clube solicitante.

ART.18º.- O equipo visitante terá que levar a súa chave, anque non teña que facer uso dela; ésta empregarase en caso de rotura da chave do equipo da casa.

ART.19º.- Todos os componentes do equipo que vaian xogar, han estar debidamente uniformados, alomenos a parte superior.

ART.20º.- Comezará tirando o equipo visitante en todos os partidos, sexan de liga ou de copa.

ART.21º.- Os TRES últimos partidos da liga non se poderán cambiar de data, xogándose no día marcado no calendario. En caso de incumprimento deste artigo serán sancionados os dous clubes, con dous puntos e 13 euros cada un.

CAPÍTULO III - DO CAMPO

ART.22º.- A distancia entre a liña de tirada e a chave será de 14 metros.

ART.23º.- A chave estará situada sobre un cepo no que caiba con folgura a súa base, quedando colocada no centro do mesmo e sobrando UN CENTÍMETRO arredor da mesma base.

ART.24.- O cepo terá unha altura de 10 CENTÍMETROS do chan.

ART.25.- Na liña de tirada colocarase un listón dun máximo de dez centímetros de alto, non podendo ningún tirador rebasar dito listón para non reducir a distancia de 14 metros.

ART.26.- A liña de tirada terá como mínimo metro e medio cara atrás desde o listón en terreo completamente chan.

ART.27.- A distancia da chave ao caixón ou taboleiro será como mínimo dun metro.

ART.28º.- O campo poderá ter un desnivel de 40 centímetros como máximo.

ART.29º.- O tirador que estea efectuando a tirada disporá do terreo libre suficiente ao seu redor, para non ser molestado.

CAPÍTULO IV - DA CHAVE

ART.30º.- A chave estará comprendida entre as seguintes medidas:

longo: UN MÁXIMO DE 51cm diante, alto: 50cm atrás.

ancho:UN MÁXIMO DE 12cm diante, un mínimo de 11,50 atrás.

ART.31º.- Para ser válida unha chave, terá que caer a chave do cepo en golpe directo, non valerán os rebotes; en caso de que quede torta, o tirador que está a actuar pode solicitar que poñan a chave dereita.

CAPÍTULO V - DAS ACTAS E FICHAS

ART.32º.- O xuíz anotador deberá cubrir a acta completamente antes de iniciarse. No caso de iniciarse o partido e non ter o equipo completo, ao chegar un tirador que figure na acta, poderá incorporarse ao xogo na tirada seguinte á que se está a disputar. Unha vez comezado o encontro non se poderá modificar a acta.

ART.33º.- As actas entregaranse no LOCAL DA IRMANDADE; en caso de ser horas fóra de oficina botaranse na caixa do correo, nun sobre pechado. En ambos casos será antes das TRES DA TARDE.

ART.34º.- As actas serán entregadas polo equipo visitante en todos os partidos.

Caso de entregar as actas fóra do prazo imporanse as seguintes multas:

1ªVEZ.- 13 Euros

2ªVEZ.- 16 Euros

3ªVEZ.- 19 Euros

ART.35º.- O equipo que non cubra ou complete a acta nas debidas condicións, será sancionado con 3 EUROS DE MULTA por cada erro que haxa na acta.

Sexa cal for a multa, ésta deberá ser abonada como máximo á semana seguinte de dito encontro.

ART.36º.- TODOS OS CLUBES ESTÁN OBRIGADOS A PARTICIPAR EN TODOS OS CAMPIONATOS QUE ORGANICE A IRMANDADE, XA SEXA DE LIGA OU DE COPA, SEGUNDO FIGURA NO CAPÍTULO II ART.4º DOS ESTATUTOS DA IRMANDADE DA CHAVE.

DE INCORRER NESTE ART. APLICARÁSELLE A MULTA CORRESPONDENTE AO CAPÍTULO II ART.15º DO REGULAMENTO DA CHAVE.

ART.37º.- As fichas terán validez para toda a tempada, incluídos os torneos de verán.

Todo xogador queda en liberdade ao finalizar a tempada, sen estar suxeito a ningún clube.

ART.38º.- EN CASO DE ENTREGAR AS LISTAS FÓRA DO PRAZO QUE NO SEU DÍA MARCASE A IRMANDADE, IMPORÁSELLE UNA MULTA, SEGUNDO O ART.34º DO REGULAMENTO.

ART.39º.- Un equipo poderá fichar a calquera tirador que non estea xa fichado por outro clube ata a finalización da 1ª volta da liga.

Un tirador que está nun clube e non figure na acta de ningún partido, poderá ser fichado por outro clube, ata a finalización da 1ª volta, sempre e cando a solicitude de alta veña acompañada dun escrito do seu anterior clube dándolle a baixa.

CAPÍTULO VI - DA CLASIFICACIÓN

ART.40º.- Na clasificación contarán os puntos conseguidos; en caso de empate contarían da forma seguinte:

1º contarán as chaves a favor

2º contarán as chaves en contra

3º contarán os resultados dos partidos entre ambos.

ART.41º.- Ao finalizar a tempada os ascensos e descensos serán do seguinte xeito:

1º.- Haberá 3 ascensos e 3 descensos en cada división.

TORNEO DE COPA

2º.- En caso de que ambos os equipos gañasen un partido, teranse en conta as chaves a favor.

3º.- Se persistise o empate, realizarían unha tirada completa todos os tiradores sempre pola orde establecida na acta.

4º.- Nas tiradas de desempate pódense facer cambios, sempre e cando estes non fosen realizados durante o partido.

CAPÍTULO VII - DOS DELEGADOS ANTE A IRMANDADE

ART.42º.- Os delegados ante a Irmandade están obrigados a representar ao seu clube ante a directiva e demais clubes.

ART.43º.- Deberán asistir ás reunións que se celebren e presentarán o carné de delegados OBRIGATORIAMENTE. Concorrerán co material preciso para tomar as notas pertinentes.

ART.44º.- As multas coas que sexan sancionados os equipos deberán ser abonadas á Irmandade, dentro do mesmo mes no que se cometa a infracción.

Ditas multas serán comunicadas pola Irmandade mediante correo ou chamada telefónica.

ART.45º.- Non poderán inscribirse na Irmandade da Chave, xogadores que pertenzan a outras organizacións similares á nosa.

ART.46.- A inscripción na Irmandade será de 50 euros, por tempada a partir do ano 2.002.

ART.47.- O equipo que desexe pertencer á Irmandade da Chave deberá pagar unha cuota de ingreso de 180 euros.