|
BENVIDOS. Esta é a páxina de Borroa. Se chegastes aquí por casualidade seguramente non saibades qué é Borroa: direivos que esta é unha desas aburridas páxinas que fala de lugares que ninguén coñece nin está interesado en coñecer (se pensas así escusas seguir lendo). Pois iso: Borroa (ou Berroa, como din os vellos) é un Lugar. (Lugar: Núcleo pequeno de poboación, con poucos veciños e de carácter rural.) Borroa é un máis dos moitos lugares de Galicia. Lugar que, como vén sendo habitual nos últimos tempos en Galicia, está esmorecendo por mor do éxodo rural e do envellecemento da poboación. Polo tanto é obvio que esta páxina non vai dirixida á xente de Borroa, senón a todo aquel que queira coñecer un chisco máis sobre a cultura e tradicións galegas, tomando Borroa como exemplo. Aquí vouvos contar algunhas cousas de Borroa, a maioría delas descoñecidas para min ata que me puxen a indagar, entre outras a súa historia, tradicións,... Esta páxina naceu no 2001, e vai pola segunda versión, na que intentamos satisfacer as críticas á primeira versión; por un lado aumentamos un pouco o número de imaxes, e revisamos completamente a sección Contos (a máis aclamada da versión anterior), centrándoa nun único tema. Seguro que xa se vos fai a boca auga, ¿va que si? Pois para seguir vendo os contidos das outras seccións picade no menú da esquerda. Espero que vos preste a visita, e se tedes algunha suxerencia, pregunta, ou se aparecen problemas ó abrir a páxina escribídeme á dirección de correo electrónico que tedes aí embaixo. Volvede a visitarnos cando queirades, non sería raro que atoparades retoques ou ampliacións. Pica aquí para ver o libro de visitas Ou aquí para firmalo |
|
borroa@latinmail.com |