![]() |
Departamento de Educación
Plástica y Visual I.E.S. Francisco Asorey Para os pais |
|
|
|
10 de mayo de 2006
|
|
A dirección do I.E.S. Francisco Asorey ven impulsando, desde hai anos, o achegamento dos pais ó centro para que, deste xeito, a realidade escolar poida sentirse máis próxima. Pensamos que, con este achegamento, poderán resolverse gran parte das dúbidas que irán xurdindo das actividades diarias que os rapaces realizan no centro. Ademais , permitiranos ós profesores, coñecer cuestións importantes, de carácter individual, que puideran ter influencia sobre a boa marcha escolar do alumno. Nesta ocasión, queremos facilitarlles un material, elaborado polo Departamento de Orientación, que contén uns consellos básicos que, cremos, serán moi necesarios para que o proceso formativo dos seus fillos sexa o máis satisfactorio posible.
OS PAIS ANTE AS TAREFAS ESCOLARES DOS SEUS FILLOS Todos poden mellorar Todos os rapaces poden mellorar o seu rendemento escolar: aínda que teñan problemas para asimilar información ou falta de atención ou de motivación... Uns poden mellorar máis e outros menos. Axúdeo, a súa axuda pode ser decisiva. Non busque escusas Podemos poñernos moitas escusas para non axudar o suficiente: o neno é torpe, o neno “pasa”, non teño tempo, que lle axuden no colexio ....
SEMPRE HAI MANEiRAS DE AXUDAR. E é moito o que se pode facer Canto máis pequeno sexa o rapaz máis deberá orientar e guiar. Dúas ferramentas fundamentais serán o cariño e a paciencia. A saúde e a alimentación teñen influenza no estudo. Faga que almorce. O almorzo debe achegar entre 20 - 25% do total da enerxía diaria, e un número importante de nenos non o realiza ou fano inadecuadamente, o que dificulta as tarefas escolares matinais, diminúe a capacidade de atención e concentración e a capacidade física para o exercicio. Procure que durma 8 horas diarias. Seguir un horario Deben seguir un horario de estudo que será consensuado entre pais e fillos Debe ser realista (que poda cumprirse) pero rigoroso (que se respecte estritamente). Para os alumnos de E.S.O. é necesario empregar de 2 a 3 horas ó día 5 ou 6 días á semana. Os períodos de estudo serán duns 50 minutos alternando con 10 minutos de descanso Se sobra tempo Se acaba moi pronto as tarefas escolares, completará o tempo do horario de estudo adiantando traballo, lendo o tema do día seguinte ou repasando o xa estudado Non serve dicir “hoxe non teño tarefa” O lugar de estudo É importante coidar o lugar de estudo: evitar obxectos que poidan distraer; utilizar un mobiliario práctico e cómodo (pero non demasiado); unha iluminación adecuada; etc. Non se estuda coa música ou a televisión posta.
As actividades extraescolares
Descargue ó seu fillo de actividades extraescolares: o seu fillo é un neno,
non Superman.
DIFICULTADES DE APRENDIZAXE Saber con claridade... Temos que saber coa maior precisión posible se o noso fillo ten dificultades para a aprendizaxe . Se o sospeitamos debemos consultar co titor e co orientador do centro. Eles valorarán e seguramente aconsellaránnos como axudalo. Se, efectivamente, ten bastantes dificultades para aprender, existen as chamadas adaptacións curriculares que poderíamos dicir que son unhas modificacións do plan de estudos normal, nas que os obxectivos se adaptan ás capacidades deles.
Nestes nenos con dificultades ( e en
todos os nenos) son moi importantes: Axúdeo a concretar... Na tarefa diaria do neno: · Axúdeo a concretar o que non entende (conceptos, palabras, operacións matemáticas...) para despois preguntalas · Que lea varias veces os textos · Non debe renderse antes de tempo: debe esforzarse en calquera tarefa que se lle poña aínda que non chegue a resolvela · Axúdeo a organizarse no estudo. Se le mal... Teña en conta que se un neno le mal terá dificultades para estudar todas as materias. · Faga que valore a lectura: que vea ler ós membros da familia · Déixelo elixir libros axeitados a súa idade · É fundamental que non aborreza a lectura: recoñeza e alabe os seus progresos.
Lea con el... Lea co seu fillo textos fáciles e que lle interesen a lo menos 30 minutos diarios. Corrixa os seus fallos de lectura pero sen rifarlle. Vexa se comprendeu a lectura facéndolle preguntas sobre a mesma. Dificultades ortográficas Se comete faltas de ortografía pode facer ditados e logo repetir as palabras equivocadas. Ler tamén lle axudará a mellorar Ter estrés é normal É normal que un estudante teña estrés, é positivo se se dá nun grao razoable, pero un estres excesivo é contraproducente e perigoso. É fácil que se produza se... o O neno intenta sobrepasar as súas posibilidades. Exemplo: querer sacar un dez cando está sacando cincos o É demasiado competitivo. Exemplo: querer sacar máis nota que o superdotado da clase o Ten unha excesiva necesidade de aceptación. Exemplo: pensa que os seus pais non lle quererán se non saca sobresaliente en todas as materias. Para reducilo podemos : o Establecer un horario de estudo e cumprilo o Establecer obxectivos segundo as súas capacidades o Non comparar con ninguén e menos cos seus irmáns : a excesiva competitividade é perigosa o Favorecer a súa autoestima. Un neno é algo máis que as súas notas
BULLYING O ACOSO ESCOLAR El bullying é o maltrato físico e/ou psicolóxico deliberado e continuado que recibe un rapaz por parte de outro u outros. Sole incluír conductas de diversa natureza (burlas, ameazas, agresións físicas, illamento etc.). A víctima desenvolve medo e perda de confianza en se mesmo e nos demais, diminución do rendemento escolar e rexeitamento da escola. Moitas veces os pais e profesores son os últimos en darse conta da situación
Atentos a ..... Os pais deben estar atentos os seguintes aspectos, que poden ser indicios de acoso escolar: o Cambios no comportamento . Cambios de humor o Tristeza, choros ou irritabilidade o Pesadelos, cambios no sono e /ou apetito o Dores somáticos, dores de cabeza, de estómago, vómitos... o Perde o deterióranse de xeito frecuente as súas pertenzas escolares o persoais, como gafas, mochilas, etc. o Aparece con golpes, hematomas ou rabuñadas o Non quere saír nin se relaciona cos seus compañeiros o Non quere ir ó instituto Se percibe estes síntomas, non dubide en comunicarllo ó centro.
MOTIVAR Fixar obxectivos
É bo fixar obxectivos... Obxectivos asequibles Os obxectivos que marcamos deben ser realistas e asequibles para o neno: se está sacando ceros en Matemáticas, non é razoable esixirlle que aprobe na seguinte avaliación Valorar éxitos Debemos recoñecer, valorar e premiar o esforzo e os éxitos obtidos. Por suposto de forma proporcional á dificultade do logro conseguido. Ás veces, o simple recoñecemento é o máis positivo: “Que ben o fixeches, estou orgulloso de ti”. Os premios e os castigos Os premios non deben converterse en costume. Os premios deben ser algo extraordinario. Pequenos premios para pequenos avances. Hai que coñecer ben os gustos do neno. Non lle premie cunha camisa porque lle veña ben a vostede : o neno sentirase enganado. É bo que coñeza cal será o premio por cumprir co novo obxectivo que se lle pide. Non sempre os premios deben ter un valor material, poden ser afectivos (estar máis tempo co pai, invitar a un amigo a casa ...) Os castigos deben cumprirse. Non debemos acostumar ó noso fillo a que se lle levanten os castigos, se o fai non lle tomará en serio a próxima vez que o castigue. A sanción debe coñecerse de antemán. Procure que o castigo sexa razoable, proporcionado e de fácil cumprimento. Intente que repare o dano causado. Evite os castigos físicos. Comentarios inadecuados Frases perigosas Son nefastas frases deste tipo : “O que estudiei no colexio nunca me serviu para nada” “Canto más estudas menos diñeiro ganas” “ Os profesores son uns vagos, non fan nada” Comentarios positivos É bo falar con eles sobre as distintas saídas que teñen os estudos. Comentar todo o que tiveron que estudar coñecidos da familia que alcanzaron o éxito.Emitir ideas positivas . Por exemplo : “É importante estudar para atopar un bo traballo” “O esforzo sempre ten recompensa” FOMENTAR ...a responsabilidade Fomente a súa responsabilidade. Debe deixar que cada ano sexa un pouco máis independente. Non lle solucione todos os problemas que teña pero estea pendente e dispoñible ... o control da tele Controle o que ve na tele, o número de horas e o tipo de programa (evite especialmente os violentos). Se se lle limita o número de horas que pode vela, acabará seleccionando o que realmente quere ver. Non debe quitarlle horas de sono, por iso non é recomendable que teña a tele no seu cuarto. ... o bo uso da tecnoloxía Se o seu fillo se conecta a Internet debe adquirir os coñecementos técnicos suficientes para controlar o seu uso: páxinas web que visita, persoas coas que chatea... Non permita que teña o móbil conectado ou a man mentres estuda ou asiste a clases, no instituto non precisa del. ... o rexeitamento ás drogas Faga que o seu fillo sexa responsable e saiba tomar acertadamente as súas propias decisións: pode que nalgún momento alguén lle ofreza drogas, pero el debe estar preparado para rexeitalas. Que coñeza o efecto destas substancias. Que non manexe demasiado diñeiro. Dialogue con eles. Vixíe as súas compañías. Atento ás caídas bruscas no rendemento escolar ou cambios de comportamento. PARTICIPAR Acuda ás reunións Acuda ás reunións que se convoquen no instituto: ás de principio de curso, ás entrevistas que solicite o titor, ás da viaxe de estudos ... O seu fillo detectará que se interesa por el e que todo o relacionado cos estudos é importante. Pida entrevistas Cando crea conveniente pida unha entrevista co titor. É recomendable ó principio de curso, se desexa comentar algo especial sobre o seu fillo, se baixa o rendemento, para solucionar problemas concretos, se detecta cambios anómalos no seu fillo, para concretar as tarefas do verán se suspendeu ... Colabore cos profesores Recorde: o obxectivo de pais e profesores é o mesmo: o éxito dos rapaces. Colabore cos profesores. Non lle quite a súa autoridade. Non fale mal deles ou os critique diante do neno.Se ten queixas, expóñallas directamente e se non queda conforme fale co xefe de estudos ou co director.
|
Este sitio se actualizó por última vez el: 10 de mayo de 2006