| Lareira Teatro | |
|
|
| Páxina en construcción | |
| Benvid@s á´web de Lareira | |
|
Lareira Teatro foi fundado no ano 1976, das mans de D. Patricio Pérez Cobas no Instituto de Bacherelato "Santa Irene" de Vigo, como complemento á formación académica. Así creceu ao longo de dazasete anos: unido sempre á actividade docente do seu fundador, ao seu empeño por ofrecer aos estudiantes de bacherelato unha experiencia tan enriquecedora como é o teatro. Como mostra desto, unhas verbas escritas por él mesmo, co gallo dos catorce anos de existencia do grupo: "Xamáis avaliraremos de forma suficiente o alcance creador e formativo da escola teatral. Resulta un auténtico prodixio dentro da vitalidade xuvenil, sempre ambiciosa de camiños non esquemáticos nen pasivos. O teatro, como núcleo de formación, ofrece á xuventude todo ese cúmulo de aspiracións. E eles entréganse sen cálculos egoístas. A maxia teatral consegue un éxito aleccionador."
No ano 1992, Lareira Teatro desligase do ámbito académico e inicia unha andaina que chega ata hoxendía. Son oito anos de traballo, con altibaixos, pero oito anos onde as persoas que forman o grupo loitamos por acadar unha estabilidade no mundo do teatro afeccionado.
Desde o seu inicio, os espectáculos que presentou Lareira Teatro son de tres clases: representacións teatrais, concertos musicais e recitais de poesía; aínda que non se pode separar nunca unha faceta doutra, xa que os espectáculos sempre integran máis dunha manifestación artística. Entre as representacións teatrais cabe citar: "La zapatera prodigiosa" de García Lorca, "El emperador de la China" de Marco Denevi, "El Tartufo" de Molière, así como diversas escenificacións de contos curtos de autores como: Mihura, Tono, Castelao... No plano dos concertos musicais son de destacar: interpretacións das obras de Mozart, Beethoven, Alvéniz, Granados, Falla... sempre interpretados ao piano por D. Patricio Pérez Cobas, acompañado por trompeta ou violín. Tamén nos recitais de poesía son numerosos os autores interpretados: García Lorca, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza...
Lareira Teatro representou os seus espectáculos en diferentes espacios: desde a humildade do salón de actos dun instituto ata o teatro do Centro Cultural Caixavigo e o Auditorio Municipal de Vigo, pasando por asociacións veciñais, liceos culturais... Non só en Vigo, senón que tamén levando o seu traballo a outras localidades: Noia, Pontecaldelas, Salceda de Caselas...
Tras 25 anos de teatro Lareira disponse a iniciar unha nova etapa dixital. Polo momento a nosa web está en construcción, pero en breve poderás navegar polos seus contidos.
|
|
|
index | Espectáculos | Publicacións | Fotos | Contacto |
|
|
|
|
| |
|
Crea tu propia página web en www.gratisweb.com |