A entrevista
[http://www.youtube.com/watch?v=nWXjcc2C-hY]
Centramos primeiro algunhas expresións do entrevistado. Que significará marco xurídico en "Unha noticia esperanzada, que é a existencia dun marco xurídico que dá cobertura a un montón de accións educativas e doutro tipo para fomentar a educación e a cultura da paz"?
|
Espazo específico nos
xulgados para estudar problemas sociais.
|
|
|
Conxunto de leis que rexen a
sociedade.
|
|
|
Organización de
xuíces pola paz.
|
Nesa mesma oración, que
será dar cobertura?
|
Amparar, apoiar e impulsar
accións.
|
|
|
Conectar e poñer na rede
determinadas actividades.
|
|
|
Planificar e efectuar
accións.
|
Como temos que entender a
expresión vontade política
en: "Fai falta máis vontade política para cumprir
cos obxectivos de axuda ao desenvolvemento"?
|
Manifestacións moi boas
do representantes políticos.
|
|
|
Disposición dos que
gobernan para tomar medidas.
|
|
|
Ausencia de diferenzas
políticas entre os partidos, consenso.
|
Cando Manuel Dios comenta que a
percepción social é de maior violencia,
aínda que a cultura da paz estea avanzando, a que se refire?
|
Ás impresións
maioritarias na sociedade sobre o que acontece, condicionadas polos
medios de comunicación.
|
|
|
Á conciencia que temos
cada vez maior sobre a violencia, que non admitimos.
|
|
|
Á audiencia que
teñen os medios e programas que mostran accións
violentas.
|
Que é unha declaración
de principios en "Para que os compromisos co terceiro mundo
se convertan en realidade e deixen de ser meras declaracións
de principios ano tras ano"?
|
Axuda básica que dan os
gobernos.
|
|
|
Discurso político
realizado a comezos de cada ano.
|
|
|
Expresión de ideas nas
que se cre.
|
A presentación da persoa
entrevistada realízase partindo dun documental do Seminario
Galego de Educación para a Paz, chamado Cultura de
Paz. Que relación ten Manuel Dios con el?
|
É o seu protagonista.
|
|
|
É o seu director.
|
|
|
É o seu ideador e
coguionista.
|
Segundo Manuel Dios, o concepto cultura
de paz refírese a educación para a paz,
dereitos humanos e democracia, mais tamén a:
|
Promoción do
diálogo entre as culturas e aprendizaxe para a
resolución pacífica dos conflitos.
|
|
|
Defensa dos valores occidentais, con
profunda raíz no cristianismo.
|
|
|
Denuncia implacábel dos
gobernos imperialistas e do poder depredador das grandes empresas
multinacionais.
|
Cal é a realidade
máis agachada e violenta que nos descobre o entrevistado?
|
O cambio climático e o
deterioro do medio natural.
|
|
|
O arsenal armamentístico
dos grandes Estados, con potencia para destruír a terra
ducias de veces.
|
|
|
A pobreza, pois dous terzos da
humanidade viven na miseria e 35.000 nenos/as morren de fame ao
día.
|
Para que no ámbito
internacional prevaleza a cultura da paz, por onde nos di o presidente
do Seminario Galego de Educación para a Paz que hai que
empezar a actuar?
|
Por cambiar todos os organismos
internacionais (ONU, etc.) que hoxe non funcionan.
|
|
|
Por aprender a resolver con
diálogo os conflitos nas relacións interpersoais.
|
|
|
Por resolver os problemas de Oriente
Medio, fundamentalmente o conflito Palestina-Israel.
|
Ante a situación mundial,
que teñen que facer os Estados e a ONU?
|
Emitir declaración pola
paz contundentes.
|
|
|
Actuar contra a pobreza e as
razóns dos conflitos e non priorizar o armamentismo.
|
|
|
Deixar actuar libremente as
organizacións non gobernamentais (ONGs).
|
Manuel Dios realiza nesta entrevista
dúas grandes críticas aos medios de
comunicación que aparecen entre as opcións
seguintes. Cal é a crítica que NON lles fai?
|
Están ao servizo dos
intereses das multinacionais que se anuncian neles.
|
|
|
No 2005 non atenderon a boa noticia
da aprobación da lei para o fomento da paz.
|
|
|
Destacan os feitos violentos e non
atenden as medidas posíbeis para evitalos e resolver os
conflitos.
|
En relación cos conflitos
no ámbito escolar, que deben facer os medios de
comunicación e difusión ademais de informar sobre
as maneiras de resolvelos?
|
Darlle voz a toda a comunidade
escolar: pais, profesorado, alumnado, etc.
|
|
|
Non atender o espectacular e
garantir a privacidade dos menores.
|
|
|
Informar só cando
así o decida o Tribunal de menores.
|
No minuto 8, un dos entrevistadores
formula unha cuestión ao fío dunha das respostas
do entrevistado, cando di "Non sei se interpreto ben as súas
palabras..." e pregunta sobre a violencia nas escolas. Cal foi a
interpretación das palabras anteriores de Manuel Dios?
|
Agora percibimos maior violencia
social porque accedemos a maior información sobre ela.
|
|
|
O actual sistema escolar xera moita
máis violencia ca antes.
|
|
|
A educación para a paz
debe estar presente na escola como materia específica.
|