Hórreos da Barbanza




Ao parecer, o pináculo que brocha nos cumios dos hórreos —a parte de rematar elegante i esteticamente esta construcción—, din que ten a propiedade de protección, que coma unha pregaria apunta ó ceo e simboliza —segundo opinións de insignes barruntadores—, a fertilidade masculina.
Como podedes observar na foto central, existe no pinche un círculo abucinado, que eu non quixera caer na vaidosa tentación de outorgarme a teses de calificar este outro símbolo, como representación do: << burato por onde escoa toda a civilización>> (frase de Vicente Risco “O Porco de pe”)


Os hórreos coma tódolos elementos fabricados polo home, foron sufrindo modificacións en función das novas tecnoloxías ou coñecementos, e a medida que ían evolucionando , os novos inventos substituían os anteriores, motivo polo que foron desaparecendo os cabaceiros de corres e madeiras entrelazadas, e en moitos casos, os formados por pequenas pedras a modo de mampostería en ringleiras de pedras secas.


Hórreo en Iroite - a Graña (Boiro) de basta factura e dubidosa data posto que inspira —como a construcción das antigas vivendas da aldea —, un ar megalítico o modo das chantas que compoñen as cámaras das mámoas que forman a necrópoles do lugar.



A proliferación dos hórreos de pedra —dado o estilo que moitos amosan—, coincide coa descarga dos tesouros, que os navíos que viñan de América dixaban nas nosas costas.








Miniatua das Cántigas de Santa María de Alfonso X o Sabio do século XIII
Intentei dar con este dibuxo, e na encontro por ningún lado. Mirei na biblioteca de Florencia, que ó parecer é onde esta o orixinal e na encontrei; faltame ver a do Escorial que ten unha copia. Ó parecer atópase na páxina 187 b . Pois gustariame poñerlla en cor.
Se alguén dese con ela, agradecería que ma enviase:
reguerola@terra.es
Outros contan que o millo actual entrou na comarca do Salnés no 1630
Coido que (os garantes da cultura galega (funcionarios)) deberían facer algo para aclarar este barullo )
Pero si non o fan, o mesmo da. Total para...



¡Por fin!
Aqui lles presento a imaxe quitada do orixinal, gracias a xentileza de José Luis del Valle Merino (descoñezo o seu cargo) na Biblioteca de San Lorenzo do Escorial.
Enviamos la reproducción que nos piden, tomada del facsímil. Se encuentra
en la Cantiga CLXXXVI del códice T-I-1.
Atentamente,
José Luis del Valle Merino
Como se pode observar, as espigas que asoman pola porta destes hórreos medievais, non se diferencian das actuais.
Este, e outros motivos, fan dudar da veracidade da historia que nos contaron, como a da cuna de Colón e da gloriosa conquista ou cristianización de America.